Páginas

sábado, 28 de noviembre de 2009

Adiós ríos, adiós fontes
adiós regatos pequenos
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos
miña terra miña terra

terra donde meu criei
ortiña que quero tanto
figueiriña que prantei
prados rios arboredas
pinares que move o vento
paxariños piadores
casiña do meu contento
muiño dos castañares
noites craras de luar
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar
amoriñas das silveiras
que eu lle daba o meu amor
caminiños antre o millo
adios para sempre adios
adios groria adios contento
deixo a casa onde nacín
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin
deixo amigos por estraños
deixo a veiga polo mar
deixo enfin canto ben quero
quen pudera no deixar
....

Rosalia de Castro

Me encanta

No hay comentarios:

Publicar un comentario